Arquivo do patrimonio inmaterial galego-portugués

  • Home
  • A Inscrición
  • Novas
  • Eventos
  • Manifesto
  • Participa

Unha ponte para a historia, unha ponte para un patrimonio para o futuro

Abr 14, 2015 PNO Sen categorizar 0


ponte_patrimonioNa mañá deste luns Ponte…nas ondas!, en colaboración coa Eurocidade Salvaterra do Miño e Monção, celebrou o seu 20 aniversario coa participación dos centros educativos dos Concellos de Salvaterra e de Monção que fixeron parte dunha xornada de convivencia e de intercambio entre o alumnado das dúas beiras do Miño dentro das conmemoracións dos vinte anos do proxecto e da inauguración da ponte internacional João Verde-Amador Saavedra. A xornada comezou ás 10.30 hs. coa realización dunha cadea humana na ponte na que ao son da canción Máis perto (composta por Uxía e Segundo Grandío para Meniños Cantores) as mozas e mozos das dúas beiras uníronse e soltaron globos co lema “1 PATRIMONIO PARA O FUTURO“ co que lembraron a iniciativa das escolas de Galicia e do Norte de Portugal para a inscrición do patrimonio inmaterial galego-portugués na Lista Representativa da UNESCO.

A xornada tiña como obxectivo fomentar a convivencia entre o alumnado dos dous concellos e ao mesmo tempo lembrar a demanda dos centros educativos de Galicia e do norte de Portugal para que o patrimonio inmaterial galego-portugués sexa inscrito na Lista Representativa da UNESCO, iniciativa que está de novo a ser impulsada desde Ponte…nas ondas! en colaboración con institucións galegas e portuguesas.

Sobre as 10.30 hs. unha cadea humana composta por alumnado de ambas beiras do Miño uniuse cantando o tema musical Máis perto, que xa é un himno de unión para os xoves desde a súa edición no disco Meniños Cantores publicado en 2005; e soltando a continuación globos co lema “1 patrimonio para o futuro “.

Posteriormente desprazáronse ao parque de A Canuda para realizar unha práctica de xogos tradicionais galego-portugueses, para o intercambio e a comunicación entre os xoves galegos e portugueses. Ao longo da mañá houbo sesións de Photocall con xoguetes e imaxes de apoio ao patrimonio común galego-portugués. E como remate, no auditorio ao aire libre do parque, a actuación de Teatro Ghazafellos.

A Câmara Municipal de Monção e o Concello de Salvaterra colaboraron na organización da xornada.


  • tweet
III Xornadas Internacionais educaBarrié sobre Patrimonio: "O Patrimonio Inmaterial na escola" Unha ponte por 1 Patrimonio para o Futuro

PNO


Deixa comentario Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

300=
A candidatura

A candidatura

Ponte nas Ondas

  • gal 
  • pt-pt 
  • es 
  • en 

Bota un ollo:

  • Escolas promotoras
  • Concellos
  • Entidades
  • Únete!
  • Historia Común
  • Cultura Común
  • O Patrimonio Inmaterial
  • O Patrimonio no Mundo
  • Artigos
  • Vídeos

Do patrimonio

A Coruña adiviñas Amarante Antonio Reigosa Brasil candidatura cantigas certames de recolla Consello da Cultura contos Cuarto Certame de Recolla evento Gondomar hemeroteca lendas Lugo mar Melgaço Meniños Cantores Monção mostra da oralidade música Nadal peón PNO Ponteareas Porto premios Quinto Certame de Recolla refráns Ria Lemaire Salceda de Caselas Salvaterra Segundo Certame de Recolla Sexto Certame de Recolla Sétimo Certame de Recolla Terceiro Certame de Recolla tesouros vivos Tomiño trabalinguas Tui Unesco Uxía Vigo xogos
2014 Ponte... nas Ondas! / Licenza Creative Commons