Arquivo do patrimonio inmaterial galego-portugués

  • Home
  • A Inscrición
  • Novas
  • Eventos
  • Manifesto
  • Participa

O refraneiro do CEIP O Pombal (Vigo)

Abr 15, 2016 PNO Sen categorizar 0


vigo“En agosto o sol frite o rostro”, “Abril, abrilón, auga por un tubo e poida que trebón”, “Outono chegar, porco cebar”…

Así o contaban desde o propio centro:

“Este REFRANEIRO é a culminación de toda unha serie de actividades realizadas ao longo deste curso escolar 2006-07. Tódalas aulas do colexio dende Educación Infantil de 3 anos ata o alumnado de 6º de Educación Primaria participamos neste proxecto.

Agora cóntovos un pouquiño como xurde este proxecto e como foi o o seu desenrolo. O Equipo de Normalización Lingüística do colexio , á hora de elaborar ou plan de actividades para este curso, partindo dá situación socilingüística non noso centro de ensino e na comunidade escolar, decidimos centrarnos en actividades de carácter oral.

(….)

Cando xurde a idea de confeccionar un refraneiro, tód@l@s mestras/es do colexio puxémonos a traballar, e o porceso foi o seguinte:

Falámolo nas clases con os nenos e nenas e mandamos unha circular ás familias para que achegaran ó colexio tódolos refráns referidos os meses do ano que souberan. Ós nenos e nenas dixémoslles que lle preguntaran ós avós e ós vecinos e familiares maiores.

Ao longo do curso as aulas fixeron actividades de diversa índole cos seus refráns: actividades orais, plásticas, musicais,…

Entre tódolos refráns traballados nas aulas escollemos 8 decada mes. O alumnado do 3º ciclo de Primaria encárgase na aula de ordenadores da elaboración destes refráns por medio de diversos programas informáticos, e estes son expostos en taboleiros nas entradas dos dous edificios que ten o noso cole.

Entre tódolos refráns traballados cada aula escolle un ou dous que escenifica para a grabación da obra ‘O Refraneiro’ (…)”

DOCUMENTACIÓN ADXUNTA:

  • A Ficha de Recolla do centro (.pdf)
  • A presentación do proxecto do centro (.pdf)

O VÍDEO ONDE O ALUMNADO REPRESENTA O REFRANEIRO:


  • tweet
As recollas do IES Primeiro de Marzo (Baiona) Ponte…nas ondas! participará en Bologna na Feira do Libro Infantil e Xuvenil do 4 ao 7 de abril da man do proxecto CampUSCulturae

PNO


300=
A candidatura

A candidatura

Ponte nas Ondas

  • gal 
  • pt-pt 
  • es 
  • en 

Bota un ollo:

  • Escolas promotoras
  • Concellos
  • Entidades
  • Únete!
  • Historia Común
  • Cultura Común
  • O Patrimonio Inmaterial
  • O Patrimonio no Mundo
  • Artigos
  • Vídeos

Do patrimonio

A Coruña adiviñas Amarante Antonio Reigosa Brasil candidatura cantigas certames de recolla Consello da Cultura contos Cuarto Certame de Recolla evento Gondomar hemeroteca lendas Lugo mar Melgaço Meniños Cantores Monção mostra da oralidade música Nadal peón PNO Ponteareas Porto premios Quinto Certame de Recolla refráns Ria Lemaire Salceda de Caselas Salvaterra Segundo Certame de Recolla Sexto Certame de Recolla Sétimo Certame de Recolla Terceiro Certame de Recolla tesouros vivos Tomiño trabalinguas Tui Unesco Uxía Vigo xogos
2014 Ponte... nas Ondas! / Licenza Creative Commons