Arquivo do patrimonio inmaterial galego-portugués

  • Home
  • A Inscrición
  • Novas
  • Eventos
  • Manifesto
  • Participa

O I Simposio Letras na raia apoia cun manifesto á Candidatura do patrimonio Inmaterial

Out 16, 2005 PNO Sen categorizar 0


Os escritores e intelectuais que participaron neste encontro deixaron a súa sinatura a prol do Patrimonio Inmaterial Galego Portugués

Os escritores e intelectuais que nos tres últimos días participaron en Vila Nova de Cerveira e Tomiño no I Simposio Internacional “Letras na Raia” emitiron un manifestou de apoio á Candidatura do Patrimonio Inmaterial Galego Portugués, que opta a ser proclamado Obra Mestra da Humanidade pola UNESCO. Cando só restan corenta días, para que a UNESCO, emita a súa proclamación, está candidatura segue a recadar apoios e intensifica ao tempo a súa actividade de promoción. Xunto ao manifesto os escritores e intelectuais deixaron tamén a súa sinatura apoiando o recoñecemento do Patrimonio Inmaterial de Galicia e Portugal.

O venres pasado, no auditorio da Biblioteca de Vila Nova de Cerveira, Xerardo Feijoo Rapela, membro da comisión promotora, foi o responsable de explicar aos participantes no Simposio os pormenores da Candidatura, os seus obxectivos e a campaña de promoción que se está levando a cabo. O I Simposio Internacional “Letras na raia” foi organizado pola Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) que preside Cesáreo Sánchez Iglesias.

Reunión mañá luns co Conselleiro de Presidencia

A comisión promotora da Candidatura do Patrimonio Inmaterial vaise entrevistar mañá luns pola mañá co Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, José Luis Méndez Romeu, para exporlle os pormenores desta iniciativa.

Con anterioridade a Comisión promotora entrevistouse xa cos Conselleiros do Medio Rural,Alfredo Suárez Canal, e de Innovación e Industria, Fernando Blanco.

Logo da intensa actividade desenvolvida a semana pasada en Bruxelas, con reunións cos eurodeputados portugueses e españois, e do acto de presentación o venres pasado en Madrid, as actividades previstas para esta semana céntranse de novo en Galicia.

O venres haberá no Consello da Cultura Galega unha reunión de todas as entidades promotoras da Candidatura, e o sábado pola mañá celebrarase un acto público de presentación da Candidatura no Museo do Pobo Galego tamén en Santiago.


  • tweet
A Consellería de Educación divulgará a Candidatura do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués nos centros educativos Uxía Senlle, a señora Carme e Paula Carballeira protagonizaron o acto de presentación da Candidatura en Madrid

PNO


Deixa comentario Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

300= Test do Patrimonio
A candidatura

A candidatura

Ponte nas Ondas

  • gal 
  • pt-pt 
  • es 
  • en 

Bota un ollo:

  • Escolas promotoras
  • Concellos
  • Entidades
  • Únete!
  • Historia Común
  • Cultura Común
  • O Patrimonio Inmaterial
  • O Patrimonio no Mundo
  • Artigos
  • Vídeos

Do patrimonio

A Coruña adiviñas Amarante Antonio Reigosa Brasil candidatura cantigas certames de recolla Consello da Cultura contos Cuarto Certame de Recolla entroido evento Gondomar hemeroteca lendas mar Melgaço Meniños Cantores Monção mostra da oralidade música Nadal peón PNO Ponteareas Porto premios Quinto Certame de Recolla refráns Ria Lemaire Salceda de Caselas Salvaterra Segundo Certame de Recolla Sexto Certame de Recolla Sétimo Certame de Recolla Terceiro Certame de Recolla tesouros vivos Tomiño trabalinguas Tui Unesco Uxía Vigo xogos
2014 Ponte... nas Ondas! / Licenza Creative Commons