Arquivo do patrimonio inmaterial galego-portugués

  • Home
  • A Inscrición
  • Novas
  • Eventos
  • Manifesto
  • Participa

O Consello da Cultura Galega apoia a nova candidatura de Ponte…nas ondas! ante a UNESCO

Out 17, 2014 PNO Sen categorizar Comentarios desactivados en O Consello da Cultura Galega apoia a nova candidatura de Ponte…nas ondas! ante a UNESCO


consello_cultura_17outubroA Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte… nas ondas! acaba de iniciar unha nova campaña pola inscrición do patrimonio común galego-portugués na Lista Representativa da UNESCO. Cando se cumpren dez anos da primeira presentación da candidatura, a asociación deu a coñecer nunha rolda de prensa a nova campaña, que contou co apoio dunha ampla representación de autoridades galegas e portuguesas, entre as que está o Consello da Cultura Galega.

Xosé Manuel González Reboredo, do Museo do Pobo Galego; Jose Maria Costa, presidente da Cámara de Viana do Castelo e da Rede Internacional de Entidades Transfronteirizas, RIET; Valentín García, secretario xeral de Política Lingüística; Jesús Gamallo Ayer, director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, e Ramón Villares, presidente do Consello da Cultura Galega, apoiaron expresamente esta proposta. Villares lembrou o apoio que a institución que preside lle brindou á proposta desde o seu nacemento hai dez anos e destacou o seu valor porque “parte desde a sociedade civil e popular”. Ademais, situouna dentro a liña estratéxica do Consello da Cultura Galega de relacionarse cos países de lingua portuguesa. Pola súa parte, foi González Reboredo quen insistiu no valor deste tipo de propostas xa que “non é un proxecto de rescate de cousas vellas, senón que ten futuro na medida que procura recuperar condutas coincidentes entre todos dous pobos”.

Santiago Veloso, presidente da Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte…nas ondas!, fixo un chamamento de apoio a centros educativos, persoas e institucións para que apoien e subscriban esta nova iniciativa . Para iso renovarán o seu web (patrimonio.org), desde onde canalizarán todos os apoios e integrarán as redes sociais.

Unha década de traballo

Cantigas comúns, ritos, símbolos, mitoloxías, xogos, nomes de elementos naturais e, mesmo, xeitos de traballo e de organización social fan parte da tradición oral común a Galicia e Portugal. A Asociación Cultural Ponte…nas ondas! leva anos recuperando a oralidade vencellada ao ciclo agrario e da natureza, polo alto grao de identidade que existe entre as tradicións deste tipo nas dúas bandas da fronteira. Emisións radiofónicas, vídeos, festivais de teatro… son algunhas das moitas e variadas fórmulas que esta asociación leva empregando para reivindicar a importancia dun patrimonio oral común.

A historia da traxectoria desta proposta está chea de pequenos fitos. O día 18 de outubro de 2004, un grupo de profesores e profesoras da Asociación Ponte… nas ondas! entregaban na sede da Unesco en París a Candidatura do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués. Era a primeira vez que centros educativos de dous países da Unión Europea promovían unha solicitude destas características. Facíano apoiados polos gobernos español e portugués, así como numerosas institucións e personalidades do mundo da cultura, da educación e da ciencia (entre os que estaba José Saramago, Nélida Piñón, Federico Mayor Zaragoza ou Manuel Rivas). Despois chegarían as declaración e resolución do Parlamento de Galicia, do Congreso dos Deputados. Apoios que pretenden revalidar nesta nova tentativa da Asociación Ponte… nas ondas!

Fonte: Consello da Cultura

 

 


  • tweet
Un patrimonio para o futuro: a cultura galego-portuguesa camiño da Lista Representativa da Unesco Os Maios

PNO


300=
A candidatura

A candidatura

Ponte nas Ondas

  • gal 
  • pt-pt 
  • es 
  • en 

Bota un ollo:

  • Escolas promotoras
  • Concellos
  • Entidades
  • Únete!
  • Historia Común
  • Cultura Común
  • O Patrimonio Inmaterial
  • O Patrimonio no Mundo
  • Artigos
  • Vídeos

Do patrimonio

A Coruña adiviñas Alexandre Parafita Amarante Antonio Reigosa Brasil candidatura cantigas certames de recolla Consello da Cultura contos Cuarto Certame de Recolla Douro evento Gondomar hemeroteca lendas Lugo mar Melgaço Meniños Cantores Monção mostra da oralidade música Nadal PNO Ponteareas Porto premios Quinto Certame de Recolla refráns Ria Lemaire Salceda de Caselas Salvaterra Segundo Certame de Recolla Sexto Certame de Recolla Sétimo Certame de Recolla Terceiro Certame de Recolla tesouros vivos Tomiño trabalinguas Tui Unesco Uxía xogos
2014 Ponte... nas Ondas! / Licenza Creative Commons