Outro sitio WordPress máis

  • Home
  • A Inscrição
  • Novas
  • Eventos
  • Manifesto
  • Participe

III Xornadas Internacionais educaBarrié sobre Patrimonio: “O Patrimonio Inmaterial na escola”

Apr 16, 2015 PNO Uncategorized 0


xornada_patrimonioPonte…nas Ondas! e a iniciativa do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués acoden esta fin de semana como relatores a esta xornada internacional sobre patrimonio.

A Fundación Barrié traslada o seu compromiso co Patrimonio ao eido educativo coas III Xornadas Internacionais educaBarrié sobre Patrimonio: “O Patrimonio Inmaterial na escola”, dirixidas a profesores e profesoras de todos os ciclos educativos, pedagogos, educadores e estudantes de maxisterio así como a todas aquelas persoas con interese en profundar coñecementos na área de Patrimonio Inmaterial.

O obxectivo principal das xornadas é potenciar a didáctica do Patrimonio Inmaterial nas aulas coa finalidade de integralo, dado o enorme potencial que nos brinda, dun xeito interdisciplinar no currículo educativo.

Así, a través de comunicacións e obradoiros prácticos, a Fundación Barrié pretende consolidar este foro de encontro para todos os docentes interesados no Patrimonio e os grupos de traballo impulsados desde educaBarrié nos últimos catro anos, nunhas xornadas que acollen a personalidades relevantes no ámbito da didáctica do Patrimonio, profesores, pedagogos e artistas.

As Xornadas celebraranse na sede da Fundación Barrié na Coruña os días 17 e 18 de abril de 2015.

Esta actividade encádrase dentro das accións da Fundación Barrié para potenciar a educación patrimonial en todos os niveis educativos, con especial atención á sostibilidade e á conservación do Patrimonio como fonte de riqueza e desenvolvemento para as futuras xeracións.

Dirixido a:
Profesores e profesoras de todos os ciclos educativos, pedagogos, educadores e estudantes de maxisterio, así como a todas aquelas persoas interesadas en profundar coñecementos na área de Patrimonio.

Programa:
A Coruña, venres 17 de abril

18.00-19.00: O Patrimônio Inmaterial como recurso
Relatora: Clara Bertrand Cabral.

19:00-20:00: O Patrimonio Inmaterial: educación, emocións e diversidade
Relator: Joan Santacana Mestre.

A Coruña, sábado 18 de abril

10:00-10:30: Un artista na escola: Rosalía Pequeniña
Relatoras: Uxía Senlle e Patricia Cameáns.

10:30-11:00 Proxecto Esmelle: Recuperación do patrimonio material e inmaterial do Val de Esmelle
Relator: Rafael Fernández Beceiro.

11:00-11:30 Ponte… nas ondas! 20 anos retransmitindo o patrimonio
Relator: Santi Veloso.

11:30-12:00 Descanso

12:00-13:30 Obradoiro: Canto e percusión de man na música tradicional de Galicia
Relator: Xabier Díaz Carro.

16:30-18:30 Obradoiro: Musiqueando a inmateria
Relator: Aitor Zenarruzabeitia.

Para descargares o programa completo, clica aquí.

Para descargares as reseñas curriculares dos relatores, clica aquí.

Inscrición:
Completar o formulario online clicando en “Apuntarse a esta actividade”.

+ Información:
Email: educabarrie@fbarrie.org

Teléfono: 981 060 094


  • tweet
Ponte... na escena, edición 2.5 Unha ponte para a historia, unha ponte para un patrimonio para o futuro

PNO


Leave a Reply Cancel reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *

300= Test do Patrimonio
A candidatura

A candidatura

Ponte nas Ondas

  • gal 
  • pt-pt 
  • es 
  • en 

Olha

  • Escolas Promotoras
  • Municípios
  • Entidades
  • Una-se!
  • Historia Comum
  • Cultura Comum
  • O Património Imaterial
  • O Património no Mundo
  • Artigos
  • Videos

Do Património

A Coruña adiviñas Amarante Antonio Reigosa Brasil candidatura cantigas certames de recolla Consello da Cultura contos Cuarto Certame de Recolla entrudo evento Gondomar hemeroteca lendas Lugo mar Melgaço Meniños Cantores Monção mostra da oralidade música Nadal peón PNO Ponteareas Porto premios Quinto Certame de Recolla refráns Ria Lemaire Salceda de Caselas Salvaterra Segundo Certame de Recolla Sexto Certame de Recolla Sétimo Certame de Recolla Terceiro Certame de Recolla Tomiño trabalinguas Tui Uxía Vigo xogos xogos tradicionais
  • gal 
  • pt-pt 
  • es 
  • en 
2014 Ponte... nas Ondas! / Licenza Creative Commons