Outro sitio WordPress máis

  • Home
  • The inscription
  • News
  • Events
  • Manifesto
  • Join

Gala Premios Mestras e Mestres da Memoria 2017

May 24, 2017 PNO Uncategorized 0


Gala Premios Mestras e Mestres da Memoria 2017A Sección de Literatura de Tradición Oral da AELG organiza este evento o sábado 27 de maio ás 18 horas, en Lugo.

A Gala Premios Mestras e Mestres da Memoria 2017 terá lugar no Centro Cultural Vello Cárcere de Lugo, o vindeiro sábado, 27 de maio de 2017, ás 18:00 horas.

No acto váiselles facer entrega de diplomas acreditativos de MESTRAS DA MEMORIA 2017 ás Pandeireteiras da Alén (Orosia e Alsira Gil Ramos e Ólida Diz Ramos), e o diploma de MESTRE DA MEMORIA 2017 a Serafín Mourelle Bugallo, da Coruña.

Ademais das persoas homenaxeadas, intervirán:
Xosé Iglesias, mariñeiro e poeta
Isidro Novo, escritor
Poldo Cañizo, escritor
Mercedes Queixas Zas, secretaria xeral da AELG
Cesáreo Sánchez Iglesias, presidente da AELG

A música corre a cargo de Branca Villares.
Presentación: Antonio Reigosa

Mestras da Memoria 2017: Pandereteiras Da Alén
Do lugar da Alén, Xirarga, Beariz, Ourense.
Orosia Gil Ramos (95 anos) Alsira Gil Ramos (90 anos) e Ólida Diz Ramos (96 anos).
“Presenza viva da poesía e música, tesouro en vida onde repousan xotas, muiñeiras, pasodobres, cantares de reis, aturuxos e a sabedoría e a sensibilidade popular feita poema musicado.” (Poldo Cañizo)

Mestre da Memoria 2017: Serafín Mourelle Bugallo
Mariñeiro e poeta. 84 anos. Nacido en Corme. Residente na cidade da Coruña.
“Aos catorce anos embarcou de axudante de cociña  e chegou a converterse nun famoso patrón do Gran Sol. Nos anos sesenta  foi un dos descubridores dos vizosos caladoiros de Porcupine, o volcán submarino situado ao oeste de Irlanda. Tamén é poeta ao xeito de Manuel Antonio; isto é, poesía do mar escrita pola propia xente do mar.“ (Xurxo Souto)

Recoñecendo a dedicación exemplar á transmisión oral de saberes e valores
A AELG pretende facer máis visíbel ante a sociedade a Literatura de Tradición Oral levando a Lugo a súa Gala dos Premios Mestras e Mestres da Memoria co lema «Lugo, Capital Galega da Literatura de Tradición Oral».

O obxectivo principal da Gala é a entrega dos V Premios Mestras e Mestres da Memoria, que se conceden a informantes de literatura popular, por toda unha vida de dedicación exemplar á transmisión oral de saberes e valores da nosa cultura popular tradicional. A proposta da Sección de Literatura de Tradición Oral, coordinada por Antonio Reigosa, a asemblea xeral de Socios-as da AELG acordou outorgárllelos ás Pandeireteiras da Alén (Orosia e Alsira Gil Ramos e Ólida Diz Ramos) e a Serafín Mourelle Bugallo.

O principal valor dunha sociedade constitúeno as persoas, os tesouros humanos vivos, homes e mulleres que estiveron atentos para recibir dos seus predecesores a herdanza cultural, que logo reciclan e recrean, e que adaptan e actualizan con xenerosidade para, por fin, transmitir todos eses saberes herdados aos que veñen detrás.

Nesta cadea de comunicación a cultura popular mantense viva porque se actualiza sen renunciar ás esencias que a distinguen, que a fan ao tempo singular e universal.

Desde a Sección de Literatura de Tradición Oral da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) queremos contribuír a manter sempre aberta esa canle de comunicación entre os/as que por idade e, como consecuencia, por acumulación de experiencias e saberes, gardan a memoria deses esencias da nosa cultura e os que, pola contra, andan aínda descubrindo o mundo que os rodea.
Podes ver aquí a listaxe de persoas que xa foron nomeadas Mestras-es da Memoria pola Sección de Literatura de Tradición Oral, á que o vindeiro sábado se engadiran as Pandeireteiras da Alén e Serafín Mourelle.

O evento conta co apoio das áreas de Cultura do Concello e da Deputación de Lugo.


  • tweet
Ponte...nas Ondas! premiada pola Fundación Lois Peña Novo 1º Festival de Música Galego-Portuguesa

PNO


300=
A candidatura

A candidatura

Ponte nas Ondas

  • gal 
  • pt-pt 
  • es 
  • en 

Take a look

  • Promoting Schools
  • Municipalities
  • Promoting Entities
  • Join!
  • Common History
  • Common culture
  • The Intangible Heritage
  • The Heritage in the World
  • Articles
  • Videos

Cloud

A Coruña adiviñas Amarante Antonio Reigosa Brasil candidatura cantigas Cantos de Reis certames de recolla Consello da Cultura contos Cuarto Certame de Recolla evento Gondomar hemeroteca lendas Lugo mar Melgaço Meniños Cantores Monção mostra da oralidade música Nadal peón PNO Ponteareas Porto premios Quinto Certame de Recolla refráns Ria Lemaire Salceda de Caselas Salvaterra Segundo Certame de Recolla Sexto Certame de Recolla Sétimo Certame de Recolla Terceiro Certame de Recolla tesouros vivos Tomiño trabalinguas Tui Unesco Uxía xogos
2014 Ponte... nas Ondas! / Licenza Creative Commons