Arquivo do patrimonio inmaterial galego-portugués

  • Home
  • A Inscrición
  • Novas
  • Eventos
  • Manifesto
  • Participa

Diploma a narradores de historia da rexión do Douro

Xan 19, 2015 PNO Sen categorizar 0


museu_do_douroHomes e mulleres da rexión do Douro que souberon gardar as historias e lendas doutros tempos, foron distinguidos no Museu do Douro.

Dezanove contadores de historias recibiron, no Peso da Régua, o diploma de “Narrador da Memória”, atribuído polo Museu do Douro, no ámbito dun proxecto de inventariado do patrimonio inmaterial da rexión duriense.

Homes e mulleres entre os 61 e os 96 anos de idade, residentes nos concellos de Vila Real e Sabrosa, que souberon gardar as historias, lendas e rezas que ouviron ao carón da lareira sobre todo no período de inverno, o tempo en que non había televisión e a radio chegaba a poucas casas.

As historias eran contadas polos máis vellos da familia e servían para entreter os máis novos. Ligadas ao campo, aos animais e á fe, as vellas narrativas e contos servían para “incutir valores” e “estreitar os lazos entre familiares e amigos”, refire o coordinador, Alexandre Parafita.

A entrega destes certificados tivo lugar en decembro no Peso da Régua e quere recoñecer o papel importante destes contadores, a maior parte deles anciáns, na “transmisión ás novas xeracións da memoria cultural da súa comunidade”.

Máis de 600 narracións orais

O proxecto de inventariado do patrimonio inmaterial da rexión duriense “xa permitiu rescatar un número superior a 600 narracións orais, entre contos populares, lendas e mitos da rexión do Douro”, refire Parafita.

As historias foron compiladas no terceiro volume da obra “Patrimonio Imaterial do Douro”, lanzada, tamén no decorrer do III Fórum do Patrimonio Imaterial do Douro.

Na obra, conta Parafita, “son revelados rexistros lendarios de milagres, lugares de memoria, crenzas e supersticións, actos de bruxaría e outros rituais diabólicos, inquedanzas de almas penadas, lobisomes e transfiguracións do demo”.

O proxecto forma parte do inventario do patrimonio inmaterial da rexión duriense que está a ser promovido polo Museo do Douro desde 2007.

Mentres a avoa facía o caldo

Raúl Carvalho ten 89 anos e reside en Borbela, no concello de Vila Real. É un dos contadores de historias que vai recibir o diploma de “Narrador da Historia”.

Os tempos de neno foron vividos en Lisboa, mais foi cos avoas que aprendeu as historias que agora procura transmitir aos sete fillos, 13 netos e catro bisnetos.

“Son cousas que contaban na altura, nos seráns á lareira, mentres a avoa facía o caldo”, conta. Case todas tiñan un “fondo moral” e un “ensinamento”. “Ensinaban a respectar os máis velliños e prohibían de facer isto ou aquilo”, di.

Raúl ten unha historia que nunca se esquece de contar e que axuda a comprender a expresión, aínda hoxe moi usada polos máis vellos, cando se despiden dunha conversa: “Deus che pague”. Para Raúl, a expresión retrata a “historia da viaxe de San Pedro á terra, a petición do Divino Mestre”.

E Raúl comeza a contar. “S. Pedro descendeu do ceo e veu acá baixo á Terra ver como eran as cousas por aquí. Cando acá chegou…”

 

Máis información – Rádio Renascença
http://rr.sapo.pt/informacao_detalhe.aspx?fid=30&did=171839


  • tweet
«Património imaterial continua a estar desprotegido» Día Mundial da Radio: Nas Ondas do Entroido

PNO


Deixa comentario Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

300=
A candidatura

A candidatura

Ponte nas Ondas

  • gal 
  • pt-pt 
  • es 
  • en 

Bota un ollo:

  • Escolas promotoras
  • Concellos
  • Entidades
  • Únete!
  • Historia Común
  • Cultura Común
  • O Patrimonio Inmaterial
  • O Patrimonio no Mundo
  • Artigos
  • Vídeos

Do patrimonio

A Coruña adiviñas Amarante Antonio Reigosa Brasil candidatura cantigas certames de recolla Consello da Cultura contos Cuarto Certame de Recolla evento Gondomar hemeroteca lendas Lugo mar Melgaço Meniños Cantores Monção mostra da oralidade música Nadal peón PNO Ponteareas Porto premios Quinto Certame de Recolla refráns Ria Lemaire Salceda de Caselas Salvaterra Segundo Certame de Recolla Sexto Certame de Recolla Sétimo Certame de Recolla Terceiro Certame de Recolla tesouros vivos Tomiño trabalinguas Tui Unesco Uxía Vigo xogos
2014 Ponte... nas Ondas! / Licenza Creative Commons