Outro sitio WordPress máis

  • Home
  • La inscripción
  • Noticias
  • Eventos
  • Manifiesto
  • Participa

As recollas do CRA Amencer (Ribadavia)

Apr 20, 2016 PNO Uncategorized 0


mapa-ribadaviaSubliñan desde este centro educativo que decidiron participar nesta iniciativa de Ponte nas Ondas porque queren facer seu o obxectivo do propio certame: conservar o patrimonio inmaterial galego-portugués e contribuír á súa dinamización, promoción e transmisión.

O CRA Amencer conta con catro unidades: unha en San Paio, que é a sede da escola, outra en Francelos, Beade, e San Cristobo. O alumnado escolarizado pertence ao segundo ciclo de Educación Infantil e ao primeiro ciclo de Educación Primaria.

O proxecto do CRA Amencer para este certame comezou coa chegada á escola do contador Anxo Moure, “atrapacontos”, que dinamizou unha actividade na que a cativada construíu a súa “árbore atrapacontos” coa que atrapar os contos de cada familia. Nas semanas seguintes, a árbore viaxou polos fogares do alumnado estimulando a comunicación interxeracional e recollendo contos dos maiores. Nunha segunda fase, unha mestra propuxo o “atrapacontos viaxeiro”, de xeito que que a árbore viaxaba nunha bolsa acompañada dun caderno e lapis para que se recollesen por escrito os relatos orais. E nunha terceira fase, familiares e veciñanza foron convidados a acudir á escola a “contaren” persoalmente. A continuación traballaron cos vídeos sobre as cantigas, refráns e ditos peneirados.

AQUÍ A PRESENTACIÓN, FICHAS E CONTIDOS TRANSCRITOS:

AQUÍ OS VÍDEOS:
















  • tweet
As recollas da E.B 2,3 de Gandarela de Basto As recollas do IES Aquis Querquenis (Bande)

PNO


300=
A candidatura

A candidatura

Ponte nas Ondas

  • gal 
  • pt-pt 
  • es 
  • en 

Te puede interesar

  • Escuelas Promotoras
  • Ayuntamientos
  • Entidades
  • Únete!
  • Historia Común
  • Cultura Común
  • El Patrimonio Inmaterial
  • El Patrimonio en el Mundo
  • Artículos
  • Vídeos

Nube

A Coruña adiviñas Amarante Antonio Reigosa Brasil candidatura cantigas Cantos de Reis certames de recolla Consello da Cultura contos Cuarto Certame de Recolla evento Gondomar hemeroteca lendas Lugo mar Melgaço Meniños Cantores Monção mostra da oralidade Nadal ONG consultora peón PNO Ponteareas Porto premios primavera Quinto Certame de Recolla refráns Ria Lemaire Salceda de Caselas Segundo Certame de Recolla Sexto Certame de Recolla Sétimo Certame de Recolla Terceiro Certame de Recolla tesouros vivos Tomiño trabalinguas Tui Unesco Uxía xogos
2014 Ponte... nas Ondas! / Licenza Creative Commons