Arquivo do patrimonio inmaterial galego-portugués

  • Home
  • A Inscrición
  • Novas
  • Eventos
  • Manifesto
  • Participa

A inscrición

Os centros educativos galegos e portugueses promoveron a Candidatura do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués á UNESCO antes da entrada en vigor da Convención para a Salvagarda do Patrimonio Inmaterial. Con este novo marco, agora o procedemento consiste na inscrición na Lista Representativa do Patrimonio Cultural Inmaterial, proceso que deben realizar os Estados español e portugués.

Dez anos despois de presentada a primeira candidatura promovida por centros educativos de dous países, a Asociación Ponte…nas ondas! inicia unha campaña de apoio para solicitar dos Estados español e portugués a inscrición na Lista Representativa da UNESCO do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués.

A proposta multinacional que inicialmente se promoveu baixo a denominación “As tradicións orais galego-portuguesas”, refírese a unha marca distintiva das expresións culturais das rexións do Norte de Portugal e de Galiza (Espanha), que as caracteriza como unha unidade de prácticas sociais e simbólicas, das que a tradición oral é unha manifestación orixinal. Esta tradición oral é vinculada ás manifestacións materiais e simbólicas no Noroeste Peninsular porque nela encontran sentido e teñen orixe as comunidades humanas aquí residentes e que teñen conciencia da importancia deste mundo da oralidade na construción da súa identidade cultural.

A excepcionalidade desta proposta reside no feito de ser testemuña dun pasado e dun presente que ultrapasa as barreiras políticas, através do sentimento de pertenza a unha cultura común posta en causa por algúns dictames da historia e polas transformacións da sociedade contemporánea, que a experiencia de novos contactos reavivou e esixiu a salvagarda. Independentemente de algúns compoñentes da cultura tradicional estaren presentes tamén noutras terras da Península e de Europa, o feito a destacar é que neste espazo xeo-cultural eses compoñentes gañan un singular significado.

candidatura2candidatura1

candidatura_logo

As rexións do Norte de Portugal e de Galiza conservan, aínda, un conjunto de prácticas sociais e unha tradiçión oral que, de algunha forma, as individualiza no conxunto das demais rexións portuguesas e españolas.

As tradicións culturais aquí transmitidas de xeración en xeración son a herdanza común das comunidades sociaisque neste espazo viviron ao longo dos séculos. O patrimonio cultural oral destas comunidades está, para alén dos múltiples contributos herdados de diferentes participantes, marcado polas características xeográficas e ecolóxicas da rexión.

candidatura4candidatura3

candidatura_logo

O Noroeste Peninsular, máis alá de toda a pluralidade e variedade de expresións culturais que presenta, caracterizase por valorizar un conxunto de tradicións culturais comúns, cuxa xustificación encontramos tanto no proceso histórico que a constituiu, como na lingua comun que compartiron, como nun contexto ecolóxico propio. O Norte de Portugal e Galiza presentan un conxunto de condicionantes ecolóxicas que encontran expresións socioculturais moi similares configurando unha sub-rexión cultural. A xeografia e a ecoloxia do territorio non só a individualizou senón que, impuxeron aos seus habitantes a adopción de estratexias económicas particulares que interpretaron e renovaron o seu mundo simbólico.

candidatura6candidatura5

candidatura_logo

A relación do territorio cos sentidos das vivencias das comunidades e a apropriación do mesmo por parte destas son unha das características máis definidoras do patrimonio cultural desta rexión da que, a tradición oral é unha vivo testemuña. A continuidade de tradicións orais e de prácticas sociais e materiais a elas asociadas no Noroeste Peninsular é o que propomos como contido a considerar como patrimonio inmaterial e intanxíbel.

 

Unesco – Lists of intangible cultural heritage and Register of best safeguarding practices

logo_unesco_peq

 

300= Test do Patrimonio
A candidatura

A candidatura

Ponte nas Ondas

  • gal 
  • pt-pt 
  • es 
  • en 

Bota un ollo:

  • Escolas promotoras
  • Concellos
  • Entidades
  • Únete!
  • Historia Común
  • Cultura Común
  • O Patrimonio Inmaterial
  • O Patrimonio no Mundo
  • Artigos
  • Vídeos

Do patrimonio

A Coruña adiviñas Amarante Antonio Reigosa Brasil candidatura cantigas certames de recolla Consello da Cultura contos Cuarto Certame de Recolla entroido evento Gondomar hemeroteca lendas mar Melgaço Meniños Cantores Monção mostra da oralidade música Nadal peón PNO Ponteareas Porto premios Quinto Certame de Recolla refráns Ria Lemaire Salceda de Caselas Salvaterra Segundo Certame de Recolla Sexto Certame de Recolla Sétimo Certame de Recolla Terceiro Certame de Recolla tesouros vivos Tomiño trabalinguas Tui Unesco Uxía Vigo xogos
2014 Ponte... nas Ondas! / Licenza Creative Commons